Quen somos

Historia

No ano 1.997 na bisbarra do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña), non existía a figura do Administrador de Fincas, persoa dedicada profesionalmente á Xestión de Comunidades de Propietarios.

Nese ano, xorde COMUNIDADES MORRAZO, nunha pequena oficina da rúa Méndez Nuñez de Cangas pola inquietude duns mozos emprendedores nun futuro ilusionante.

O lema de COMUNIDADES MORRAZO, é a responsabilidade e a atención personalizada aos seus clientes.

Ao longo destes anos e grazas ao bo facer na xestión, a empresa foi crecendo de forma continua.

Co paso dos anos as oficinas de Comunidades Morrazo, van cambiando de situación, buscando na ampliación das súas instalaciones e do seu persoal, un mellor servizo aos seus clientes. Dende o seu inicio da rúa Méndez Núñez á Avda de Marín, 23, Piso 1º Izda. de Cangas, lugar en que actualmente están as nosas oficinas, pasando por outras situacións intermedias.